miércoles, 27 de junio de 2018

TERCEIRO TRIMESTRE: REMATE DE CURSO E DE CICLO

Case sen darnos conta, xa rematou este curso. Non só iso, xa rematamos infantil..... en setembro iremos a primaria.
Neste trimestre tivemos celebracións, saídas, festas e actividades varias.
Empezaremos polo Día do Libro, Letras Galegas e os Maios. Na primeira delas, o alumnado de 5º e 6º apadriñáronnos e léronnos un conto no patio.
O Día das Letras, viñéronnos contar un conto de Mª Victoria Moreno á aula. E por último, fomos os primeiros en colocar as flores no maio deste ano.
Fomos aos Xardíns de Méndez Núñez "Un museo ao aire libre" onde descubrimos o monumento a Curros Enríquez e máis cousas da nosa cidade.
No pazo da Ópera asistimos a un concerto didáctico.
Plantamos cenouras que teremos que coidar na casa para que, despois, as poidamos comer.
Fixemos un graffiti sobre os paxaros. Falláronnos os sprays e quedou un pouco pocho.
Fomos a Marcelle de excursión de fin de curso e, todo moi ben menos a choiva.
Celebramos os cumples do verán.
Fixemos a festa de fin de curso con macedonia, sandwiches e ensalada que preparamos nós. O último día tivemos un concerto dun grupo moi especial: "Naranja imaginario" no que o noso compi Diego tocou con eles.
Ao longo de todo o curso, aprendemos a coidar un pouquiño o noso planeta e por iso nos deron un diploma de "Artistas Coidadores do Planeta". Como o fixemos? Pois empezamos por facer uns contedores para o plástico, o papel e os residuos orgánicos. Tiramos cada cousa no seu sitio e ao final da semana, levavamos ao contedor correspondiente e á composteira para facer o abono para as nosas plantacións que, como veredes, deron unhas patacas espectaculares.
Como broche, destacar aos dous compañeiros que foron premiados este ano: Bruno no concurso de cabazas do Samaín e Santiago pola participación na elaboración dun monumento da Coruña con plástico reciclado. Parabéns aos dous!!!
Tamén tivemos un diploma por participar no concurso de Relatos "Dame medo" e un conto para a aula.
Agora toca disfrutar do verán e recargar batería para empezar con moita enerxía o vindeiro curso.
Foi un pracer traballar cos vosos fillos/as, unha aperta.
Bo Verán!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario