lunes, 2 de abril de 2018

DESPEDINDO O 2º TRIMESTRE

Para rematar este segundo trimestre, fixemos unha visita ao Acuario na que experimentamos moitas cousas, non so co sentido da vista, senón tamén co do tacto, olfato e oído.
Vimos os distintos peixes que podemos atopar no noso mar e noutros mares máis lonxanos, puidemos tocar os ovos das quenllas e a súa pel, tamén as estrelas de mar, ver as crías dentro dos ovos (foi espectacular), como alimentan aos peixes da sala Nautilus (Gastón non tiña fame), como alimentan e controlan as focas para ver se están ben.... Foi unha experiencia xenial!!!
O que non nos gustou tanto foi descubrir a cantidade de lixo que os humáns tiramos ao mar, vimos auténticas obras de arte feitas co lixo que foi rescatado do mar.

Plantamos o bulbo que nos deran no Ágora e tamén fixemos uns semilleiros para, despois, completar a nosa horta con leitugas, cenorias, porros e coles de bruselas. A ver se nacen ben.

E por último, celebramos os aniversarios de catro compañeiros; Elvis, Víctor, Bruno e Ousseynou. Parabéns para eles!! Prepararon o seu biscoito e fixeron limonada.

E recibimos as xornadas de vacacións levando os nosos traballos á casa e un coelliño de Pascua.
Felices Pascuas a todos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario