sábado, 3 de junio de 2017

MAIO E LETRAS GALEGAS

Coa chegada do mes de maio, participamos nunha celebración típica da nosa terra que son os MAIOS. Fixemos as nosas flores de papel e colocámolas na estructura que temos no cole para este fin.
"A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade."
Tamén colocamos a peza do puzzle do cadro de Lugrís. Entre todas as clases do cole montamos un cadro de Lugrís como actividade da Semana das Letras Galegas, adicada este ano a Carlos Casares.
Deste escritor ourensán, encántanos o conto da "Galiña azul".

No hay comentarios:

Publicar un comentario