sábado, 11 de marzo de 2017

NO MAC

O venres 3 de marzo, á volta das vacacións do Entroido, fomos de visita ao Museo de Arte Contemporáneo un pouco expectantes porque non sabiamos o que nos ían contar e amosar.
Nas fotos que veñen deseguido, podédesnos ver agardando o bus acompañados dos pais e nais xa que ese día chovía.
Despois cando iamos no bus.
Na entrada do Museo onde se presentaron as monitoras, a nosa foi Carmen.
E vendo as distintas obras de arte que forman parte da exposición que teñen no museo nestes momentos:
1.- "Música afogada"video dun mozo tocando o acordeón merullándose no mar.
2.- Fotos de bares da nosa cidade que foron fotografados por ter nomes de cidades.
3.- Obra feita con anacos de casas do Brasil.
4.- Unha artista, meteu os aromas das herbas da nosa cidade dentro duns frascos para ter así, o aroma da nosa cidade.
5.- Dentro dun ascensor xigante no que había un ordenador que nos ía amosando o que había por fóra cando subiamos e baixabamos nel.
6.- Un invento alucinante!! vemos nunha pantalla a un neno soplar cunha palliña nun vaso de auga e fóra da pantalla, nunha mesa que estaba ao seu carón, había un vaso con auga e unha palliña que facía burbullas cando o neno da tele soplaba no seu vaso.
7.- Un río dentro dun pupitre.

Foi unha visita fascinante!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario