lunes, 9 de enero de 2017

AGASALLOS DE REIS NA AULA

Feliz Ano novo a tod@s!!!!
Hoxe cando chegamos á aula despois das vacacións, levamos unha grata sorpresa: enriba das mesas había 2 bolsas grandes con algo que semellaban paquetes de agasallos!!!
Con todo, fomos pacientes e soubemos agardar para comprobar que era aquilo.
Cando, por fin, os abrimos vimos que era o que lles pediramos antes das vacacións na biblioteca: un xogo de perruquería, coches pequenos para poder xogar na pista e máis cousas que nós non pediramos: unha Dora cun Botas, un bebé cos seus accesorios, un ordenador de xoguete, un puzzle.
Cantas cousas!!!!!
Mirade, mirade que non dabamos feito a abrir paquetiños!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario