miércoles, 14 de diciembre de 2016

VISITA Á FUNDACIÓN MªJOSÉ JOVE

Hoxe, mércores 14 de decembro, tivemos a primeira saída deste curso.
Fomos ao museo da Fundación Mª José Jove onde, Patricia nos contou unha historia moi interesante de como se construiu aquel museo.
Resulta que había un "Bicho" que se quedou alí no edificio pero como estaba so, leváronlle amigos e decoráronlle aquel espacio para que estivera a gusto.
Vimos o cadro dun rapaz que lle levaba xoguetes, vimos a súa casa na árbore, onde xogaba á roda cos amigos..... iso todo despois de terlle posto a cara e un nome a aquel "Bicho".
Vimos o "Cadro Durmido" e para rematar fixemos un debuxo do que lle queremos levar para que se entreteña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario