domingo, 4 de diciembre de 2016

FROITA

Neste mes de novembro tivemos uns talleres organizados polo programa municipal EducaSaúde no que participou o noso cole, e estivemos traballando 3 aspectos moi importantes para o noso desenvolvemento:
1.- saber compartir. Como fixo o "Peixe Arcoiris" coas súas escamas de cores para ter máis amigos e sentirse mellor.
2.- alimentación saudable: moi importante almorzar pola mañá, ter unha dieta equilibrada na que non estean as chuches, azúcares, zumos industriais, etc en cantidades non axeitadas e na que predominen as froitas, as verduras, etc.
Peppa Pig nun dos seus capítulos deixounos moi clariño todo isto.
3.- importancia da hixiene para evitar enfermidades. Destacaron o coidado dos dentes cun bo cepillado e unha alimentación axeitada.
Neste caso o conto "Desayuno mágico" tamén nos deixou claros moitos aspectos que, ás veces, descoidamos.
Pois, despois destes obradoiros, fixemos os nosos batidos de froitas para a merenda, descubrindo que son moi sinxelos de facer, que nos aportan moitas vitaminas e que están BOÍIIIISIMOS!!
Participamos todos pero os vídeos vanse subir pouco a pouco por ter capacidade limitada de descarga na plataforma que se utiliza. Disculpade.
Ide vendo un avance do resultado final.

11Froita from Pilar Payo Soengas on Vimeo.
De seguido, algúns dos protagonistas na elaboración do batido de froitas.(Poderédelos ver a tod@s)

1 from Pilar Payo Soengas on Vimeo.
3 from Pilar Payo Soengas on Vimeo.
7 from Pilar Payo Soengas on Vimeo.
9 from Pilar Payo Soengas on Vimeo.
10 from Pilar Payo Soengas on Vimeo.
2 from Pilar Payo Soengas on Vimeo.
E para completareste tema, @s alumno@s de 5 anos viñeron á nosa aula para ensinarnos a pirámide alimenticia e convidarnos a unhas brochetas de froitas feitas por eles.
Estaban RIQUÍIIIISIMAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario