Empezamos un novo curso dun xeito un pouco aturullado. Non puidemos ter unha benvida con globos, e outras sorpresas debido ás obras dos baños que remataron a última hora.
Pero valeron a pena, as aulas quedaron xenial e os baños a estrear!!
Despois de darlles a benvida a dous novos compañeiros, Jeremiah e Rayan, estamos poñendo a nosa nova aula en marcha. Sabemos que hai alguén agochado nela pero aínda non se deixou ver. Estase a facer o interesante!! Esperamos descubrilo axiña.
Namentras, imos celebrando os aniversarios de todos os que cumplen neste mes de setembro: Dany, Dessi, Iago e Jacob. Parabéns para os catro!!
Unha novidade nestas celebracións: A tarta farana os que celebran a festa. Xa veredes que éxito!!
Por se queredes facela na casa, aí vos vai a receita (é moi faciliña):
3 ovos
3 vasos de fariña con levadura
1'5 vaso de azucre
1 vaso de leite
1 vaso de aceite de xirasol
raiadura de limón
Se queredes darlle un aspecto chocolateado, engadir cacao a gusto e xa está.
Poñer todos os ingredientes nun bol e mesturar coa batedora.
Forrar un molde con papel de forno no que imos baleirar a masa e cocer durante 1 hora, máis ou menos, a 170º.
UUUUMMMM!!!! Bo proveito!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario