domingo, 31 de enero de 2016

DÍA DA PAZ

O venres 29 celebramos o día da Paz e das Apertas, así manifestamos a nosa disconformidade coas guerras, cos que non nos respetan, cos que nos pegan, cos que non comparten, cos que non nos deixan xogar, etc.
Estamos moito máis ledos e felices cando nos dan e cando damos apertas, e cantas máis mellor. Hai quen di que son precisas 14 apertas ao día para estar máis felices e satisfacer as necesidades emocionais.
Así que xa sabedes, o primeiro que hai que facer ao erguerse pola mañá é dar unha APERTA.
Para rematar, houbo unha solta de pombas que, como sabedes, son o símbolo universal da PAZ.


DÍA DA PAZ from Pilar Payo Soengas on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario